Arquivo da categoría: Século XX
Recitando a Manuel María : “O meu burriño”
O 8 de setembro de 2004 finaba na Coruña Manuel María Fernández Teixeiro.Xa hai 9 anos diso, pero a súa poesía segue sendo válida e apreciada por moita xente. En 1º da ESO eleximos o poemario Os soños na gaiola para comezarmos a ler poesía.É un libro de poesía infantil publicado en 1968, pero reeditado por Xerais en 1990 con debuxos do mestre da ilustración Xaquín Marín.
O autor, nunhas palabras iniciais, di que “son versos que este humilde autor botou de menos cando el era neno. Versos que, por outra banda, non había na literatura galega e que tan preciosos son. Eu quixera encher, en parte, este oco”.
Esta é a nosa pequena homenaxe ao poeta lugués Manuel María.
O meu burriño
¡Arre, corre,
meu burro trotón,
meu burriño manso,
meu burriño bon!
_¡Corre meu burriño;
non galopes, voa!
¡A ver si lle gañas
ao vento que zoa!
_¡Arre meu burriño,
que es un preguiceiro!
¡A ver se lle gañas
ao vento lixeiro…!
_¡Corre, meu burriño,
nos cascos pon ás!
¡Se queres, o vento
deixarás atrás…!
_¡Arre, meu burriño!
¡Corre máis deprisa!
¡Que se perde o vento
xa verás que risa…!
Recitan o poema Paula Alonso e Ana Basanta de 1º ESO C.
Como é un poema descritivo, nel abundan os adxectivos referidos ao burriño: trotón, manso, bon, preguiceiro. A que outro elemento se lle engade un adxectivo?
As 5 estrofas do poema están entre signos de exclamación, un signo de puntuación que se utiliza despois dun enunciado para indicar entoación exclamativa, a propia da expresión das emocións, da vehemencia, do desexo e das ordes.
Cres que é unha boa forma para expresar a emoción do autor cando, sendo un neno, ía montado no seu burriño?
Recitando “Campás” de Manuel María.
Campás
Ergue, meu neniño,
ergue, lacazán.
que as campás xa tocan
con ledo din – dan.
_¡Ledas campaíñas,
xa tocando están
que chegou a ialba
chamando á mañán!
_Tocan as campás
e andan a falar
cousas moi fermosas
por todo o lugar.
_¡Falan as campás
con voz de metal:
o seu canto voa
dende o monte ao val!
_Érguete, meu neno,
porque o campaneiro
deixa de tocar
se eres preguiceiro!
_As ledas campás
xa non tocarán
¡se eres preguiceiro,
se eres nugallán!
Manuel María: Os soños na gaiola,1990.
Ilustracións de Xaquín Marín.
Recitan o poema Ana C. e Andrea G. de 1º ESO C. Moi ben as dúas!
Recitando “O pardal” de Manuel María.
O pardal é moi humilde.
Moi humilde e pobretón.
¡Sempre anda pía, pía
sen dicir unha canción!
O pardal é moi humilde
e anda sempre mal vestido.
¡E non ten porte fermoso
nen vistoso colorido…!
O pardal é moi pobriño:
nunca sae de viaxe.
¡O pardal é tan pobriño
que non ten senón un traxe!
O pardal viste de gris,
o pardal viste cincento.
O seu triste pío, pío,
¿non ten aires de lamento?
Manuel María: Os soños na gaiola,1990
Recitan o poema David Fernández e Jorge Rivera de 1º A.
Recitamos a Xela Arias.

Xela Arias
Imos, meu ben, camiñar sereno
pola cidade sen ramplas nas aceras. Imos
comeza-lo xeito da túa vida, e mírame,
mesmo as bolsas dos meus ollos serán monecos
dos teus días xunta min.
***
Tódolos bebés son tu e ningún coma ti.
Tódolos nenos son tu e ningún coma ti.
Tódolos adolescentes son tu e ningún coma ti.
Tódolos mozos son tu e ningún coma ti.
Tódolos anciáns son tu e ningún coma ti.
Tódalas nais son eu e todas, coma min, saben que es único.
Darío a diario, 1996
Recitamos a Manuel María.

Manuel María,o poeta da Terra Chá
A lebre
Corre lebre, corre lebre
e fuxe polo teu burato
onde te está agardando
con impaciencia o lebrato.
Corre lebre, lebre corre,
que te segue o cazador
coa súa escopeta cargada
e o seu galgo corredor.
Corre lebre, lebre corre,
corre que te correrás,
que se lle fuxes ao galgo
do cazador librarás.
Recitamos a Pura Vázquez.
Achegámonos hoxe á poesía de Pura Vázquez.
Ti…
Ven a tomarme ti sobre da area Ti polos camiños fondos que reseca
deste coloso mar, deste deserto, a tarda eflorescencia dos toxais,
lonxe da doce morriña da brétema, un maio escuro e tenro onde naceran
preto das albas que até si me levan. talos de eternidades que me arroutan.
Ven ti. Só e eterno. Outa a lume Ti na celeste pola, removendo
de iluminado ceo onde clama ventos de soidade, froitos mazos,
dobre voz coma torso escurecido sobrada luz absorta, liban chío
de ola transida. Só ti, e eterno… na rosa da mañá esvaecida.
Íntimas, 1952
RECITANDO A GARCÍA LORCA.
Hoy se cumplen 125 años del nacimiento de Federico García Lorca, grandísimo poeta español de tal categoría que incluso Google consideró que merecía un doodle.
A raíz de su primer viaje a Galicia, en 1916, Galicia y su lengua formaron parte de su vida .
En ese contexto surgen los Seis poemas galegos , publicados en Santiago de Compostela, en 1935 por la Editorial Nós y prologados por su amigo Eduardo Blanco Amor.
Madrigal á cibdá de Santiago
Chove en Santiago
meu doce amor.
Camelia branca do ar
brila entebrecida ô sol.
Chove en Santiago
na noite escrura.
Herbas de prata e de sono
cobren a valeira lúa.
Olla a choiva pola rúa,
laio de pedra e cristal.
Olla o vento esvaído
soma e cinza do teu mar.
Soma e cinza do teu mar
Santiago, lonxe do sol.
Agoa da mañán anterga
trema no meu corazón.
Recitamos a Uxío Novoneyra.
COUSOS do lobo!
Caborcos do xabarín!
Eidos solos
onde niguén foi nin ha d’ir!
O lobo! Os ollos o lombo do lobo!
Baixa o lobo polo ollo do bosco
movendo nas flairas dos teixos
ruxindo na folla dos carreiros
en busca da vagoada máis sola e máis medosa…
Rastrexa
párase e venta
finca a pouta ergue a testa e oula cara o ceo
con toda a sombra da noite na boca.









