Gonzalo Hermo, “Premio Nacional de Poesía Xove Miguel Hernández 2015” con Celebración.

 

Gonzalo Hermo (Rianxo, 1987)

Gonzalo Hermo (Rianxo, 1987)

Gonzalo Hermo  é o gañador do “Premio Nacional de Poesía Joven Miguel Hernández 2015”. O galardón distingue a súa obra Celebración como o mellor libro de poesía dun autor menor de 31 anos publicado en todo o Estado. O xurado salienta a súa aposta “por abrir novos camiños para a expresión poética apuntando unha linguaxe arriscada e innovadora” nun poemario que trata “sobre a memoria e o esquecemento, sobre a necesidade de construír sobre as ruínas, de rachar o círculo e avanzar a pesar de todo”. Pero el apunta tamén o influxo da tradición poética galega, de xeito especial a de Cunqueiro, “vangardista e tamén atenta ás formas clásicas”. (Novas da Real Academia Galega). Para ver a entrevista preme aquí.

Biografía
Gonzalo Hermo (Rianxo, A Coruña, 1987) é licenciado en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela. Os seus primeiros textos publicáronse en revistas como Dorna, Andar 21 ou Nova Ólisbos. Posteriormente publicou a colección de poemas Escola do resentimento na Revista das Letras do xornal Galicia Hoxe; o libro de poemas Crac (2011) co que gañou o premio de poesía do certame Xuventude Crea; ou Celebración (2014), poemario que mereceu o Premio da Crítica de Poesía en galego. Traballa no Instituto dá Lingua Galega e é membro do colectivo de intervención sociocultural Redes Escarlata.

O libro Celebración está editado dentro da colección “Cera labrada”da editorial coruñesa Apiario, dirixida polas tamén poetas Antía Otero e Dores Tembrás que adoptan un procedemento de edición moi coidado e artesanal.