Recitando a Yolanda Castaño.

Curioso arbusto é o buxo,

pode unir ou separar:

nos valos divide,achega

se a gaita empeza a soar.

A guapa e lista papoula

anda axuntándose ao trigo,

un moletiño de pan

pode ser un grande amigo.

papoula

papoula

Recitamos a Xela Arias.

Xela Arias

Imos, meu ben, camiñar sereno

pola cidade sen ramplas nas aceras. Imos

comeza-lo xeito da túa vida, e mírame,

mesmo as bolsas dos meus ollos serán monecos

dos teus días xunta min.

***

Tódolos bebés son tu e ningún coma ti.

Tódolos nenos son tu e ningún coma ti.

Tódolos adolescentes son tu e ningún coma ti.

Tódolos mozos son tu e ningún coma ti.

Tódolos anciáns son tu e ningún coma ti.

Tódalas nais son eu e todas, coma min, saben que es único.

                                                                  Darío a diario, 1996