
Rosalía de Castro xacente, por Ovidio Murguía de Castro, Museo de Pontevedra
¡Érguete miña amiga,
que xa cantan os galos do día!
¡Érguete, miña amada,
porque o vento muxe, coma unha vaca!
Os arados van e vén
desde Santiago a Belén.
Dende Belén a Santiago
un anxo vén nun barco.
Un barco de prata fina
que trae dor de Galicia.
Galicia deitada e queda
transida de tristes herbas.
Herbas que cobren teu leito
e a negra fonte dos teu cabelos.
Cabelos que van ao mar
onde as nubes teñen seu nidio pombal.
Federico García Lorca, Seis poemas galegos, 1935
Recita Manuel Pita

Ilustración de Christian Schloe