HELENA VILLAR JANEIRO E OS HAIKÚS.

Hoxe achegámonos a unha autora galega que admiramos desde hai tempo, Helena Villar Janeiro. É unha muller moi activa e por iso nos pareceu ben presentala nos distintos campos do seu facer artístico.

Gústannos os haikús de Helena, gústannos as fotografías coas que os acompaña e por iso nos pareceu ben en 1º da ESO comezar lendo algún destes breves poemas que non deixan de ser poesía esencial, profunda, lírica cen por cento.

Os tres paxaros

fan cuarta dimensión

cos rechouchíos.

Para coñecela un pouco mellor imos ver o seguinte mapa mental.

mindomo

Jorge Fraga e  Adrián Rouco de 1ºESO  A  foron os primeiros en lanzarse á aventura. Estou segura que non vai ser a última vez que estes dous campións colaboren. Grazas aos dou por romper o xeo!

Recitamos a Olalla Cociña.

Na páxina oito do libro amareleaba

unha papoula.lembras?colocáchela

delicadamente

para que un día ao azar

esa páxina oito

te regresase ao tempo

no que as palabras eran en por si

incandescentes

pensas nas cunetas

no misterioso encontro

de papoulas, silvas e ortigas

anís, dente de león

gramíneas,careixóns

pan de cobra

qué te anoxa así

arrincarías de cancelas e peches

hortensias, rosas,arcos de enredadeiras

tirarías dunha patada

os  testos dos xeranios

es incapaz de minorar

o manancial de tinta

que circula do pulso aos ollos

mais esqueces

a feitura das letras

a ortografía

o que foi atoparte

nalgún significado

nin diarios

nin cartas:

para recoñecerte na túa caligrafía

que che collan o índice tinguido

e cho estampen con forza

no papel.