Visual Thinking para 5.000.000 de palabras Azules.

Con Palabras Azules

Con Palabras Azules

O Proxecto Colaborativo Palabras Azules está a punto de acadar os 5 millóns de visitas ao seu blog. Para celebralo pídennos, aos colabradores un VT no que expresemos que supón para nós o proxecto. Como son unha aprendiz de todo, de escritura creativa e de visual thinking, non o sei expresar mellor e sei que non estarei á altura, pero tamén sei que coa súa presenza, co seu apoio é posible iniciar un camiño de aprendizaxe. Non o fago ben porque acabo de comezar, pero gústame; retomei o lapis e o papel, debuxo na tablet, fago mapas mentais, viñetas,… e gústame! E o que é máis importante, trato de levalo ás aulas, aos meus alumnos. E tamén lles gusta.

Visual Thinking e poesía? Por que non?

O pensamento visual, Visual Thinking, é unha forma de procesar información mediante o uso de debuxos. Formalmente, o pensamento visual utiliza técnicas de debuxo e de toma de notas que permiten á persoa tratar esa información axudándose de imaxes, conectores gráficos e palabras que permitan a comprensión da mesma. Mediante as imaxes pódense identificar problemas, buscar solucións, atopar relacións entre conceptos… todo iso dunha forma máis sinxela que se usásemos a linguaxe oral, por exemplo.

Na orixe, o pensamento visual parte da constatación de que a unha gran parte das persoas, usan a vía visual como vía preferente para aprender. Por outra banda, parece que o sentido da vista sería un dos máis potentes na percepción do mundo, sendo o responsable de ata un 75% na adquisición da información sendo o resto dos sentidos responsables do 25% restante.

Tamén sabemos que o debuxo acompaña aos homes desde o comezo da humanidade, desde a nosa orixe como especie; así nolo amosan as pinturas das covas prehistóricas, a arte rupestre.

"Escena de caza" Cueva de los caballos de La Valltorta, Tírig, Castellón

“Escena de caza” Cueva de los caballos de La Valltorta, Tírig, Castellón

A miña proposta:

Facer unha lectura comprensiva dos poemas de Queixumes dos pinos de Eduardo Pondal, un dos tres grandes poetas do Rexurdimento galego.

DA SERIE “MULLERES”:

O pase de diapositivas require JavaScript.

«Ou Castro de Remesende,
Que te tés por tan fidalgo,
Pois din que dos teus mayores,
Os reís amparo buscáno:
Do castro de Remesende,
Señor, por pleito heredado;
E do castelo que s’ergue
Sobre del, ben adornado,
Cos seus adárves e torres,
Todo ô redor almenados:
Ou Castro, ben se conoce,
Que naceches desleirado,
Entre soldados é muros,
E calabozos é escravos.!»

****

Así decía Hermesinda
De Barcala, ô desleirado;
(Que do solar de seus páis,
Preto pasaba á cabalo)
Limpando as vágoas garridas,
Con un lindo pano branco.

Hermesinda

IDEOGRAMAS

Un ideograma é un signo esquemático non lingüístico que representa globalmente conceptos ou mensaxes simples. Por exemplo, os sinais de tráfico, os símbolos matemáticos ou as iconas de WhatsApp. Caracterízanse pola súa universalidade, a súa economía e a rapidez con que se verifica a súa percepción: de aí o seu amplísimo uso.

O concepto de ideograma representa un ser ou unha idea directamente sen necesidade de transcribir palabras ou frases que o expliquen.soldado

Para saber máis, aquí deixo este documento de Garbiñe Larralde sobre o VT: