
Amencer, acuarela por Ana B. , 3º ESO C
O noso amor é mencer, tamén solpor,
escuridá da noite e luz do día,
luceiro escintilante que nos guía
a un universo senlleiro e tentador.
Non é soidade o amor, melancolía,
brilante, sobrehumano resprandor:
¡é berro fondo, calado, aterrador
que, urxentemente, esixe compañía!
O verdadeiro amor sempre é mencer,
claridade que nace porque si
na impresión total do noso ser.
Non teño outro degaro, mais querer,
que vivir, miña amiga, perto a ti
e, ó teu lado, soñar e envellecer.
De Poemas da labarada estremecida, 1985
Recita Rosalía F., 1º ESO C
“Matrix of Love” de Vladimir Kush.