O pardal é moi humilde.
Moi humilde e pobretón.
¡Sempre anda pía, pía
sen dicir unha canción!
O pardal é moi humilde
e anda sempre mal vestido.
¡E non ten porte fermoso
nen vistoso colorido…!
O pardal é moi pobriño:
nunca sae de viaxe.
¡O pardal é tan pobriño
que non ten senón un traxe!
O pardal viste de gris,
o pardal viste cincento.
O seu triste pío, pío,
¿non ten aires de lamento?
Manuel María: Os soños na gaiola,1990
Recitan o poema David Fernández e Jorge Rivera de 1º A.
Grazas a Jorge e David por seren os primeiros en comezar a recitar.