“Canzón de cuna pra Rosalía Castro, morta”

Ovidio Murguia - Rosalia de Castro yacente (1885)

Rosalía de Castro xacente, por Ovidio Murguía de Castro, Museo de Pontevedra

 

¡Érguete miña amiga,

que xa cantan os galos do día!

¡Érguete, miña amada,

porque o vento muxe, coma unha vaca!

 

Os arados van e vén

desde Santiago a Belén.

 

Dende Belén a Santiago

un anxo vén nun barco.

Un barco de prata fina

que trae dor de Galicia.

Galicia deitada e queda

transida de tristes herbas.

 

Herbas que cobren teu leito

e a negra fonte dos teu cabelos.

Cabelos que van ao mar

onde as nubes teñen seu nidio pombal.

Federico García Lorca, Seis poemas galegos, 1935

Recita Manuel Pita

cabelos

Ilustración de Christian Schloe

 

A pegada de Rosalía en Ana Romaní.

Rosalía de Castro segue a ser un referente para moitos poetas. Hoxe traemos o poema de Ana Romaní que Paula , de 3º ESO, adaptou en  videopoema. Tamén fixo un cartel para o Día de Rosalía. Parabéns princesa!

Paula3

“a soidade da princesa”

 

Rosalía de Castro, Emily Dickinson, Edith Södergan…3

 

Procuramos no fondo da entraña

tódalas sombras da pantasma,

o desterro da bruxa…

a soidade da princesa…

a derrota da amazona…

Deixamos pegadas de sangue

nas alleas terras da palabra.

Ana Romaní, Das últimas mareas (1994)

Vídeo

Clica aquí para ver o videopoema.

Día de Rosalía (2)

Cartel

Entrevista a Ana Romaní sobre o seu poemario Estremas. Preme aquí para lela.