En recordo de María do Carme Kruckenberg.

Mª do Carme Kruckenberg (1926 - 2015)

Mª do Carme Kruckenberg
(1926 – 2015)

Marchan caladamente
vanse
deixando a chuvia
escorrendo
polos ollos da terra.
Foxen
sen volver a faciana
porque non queren mirar
os campos
orfos de semente.
vanse traballar
a vida
pra non morrer
sen cadaleiro
cando desfollen a miseria.
Marchan todos
pra gañar o dereito
de acochar o corazón
e o bico
nun leito de rosas