Ten o seu punto…” de Eduardo Pondal.

 

pondal1

Ten o seu punto,
A fresca rosa,
De ser collida,
A encantadora:
Cand’ inda tímida,
Sua testa asoma,
Quase escondida,
Na verde roupa,
Non dice nada,
Por vergonzosa:

Mais cando apenas,
Mostra as suas follas,
Está decindo:
—Agora, agora.

Cando ceibando,
Todas suas follas,

Desnudo o seo,
Mostra orgullosa;
Chégase tarde,
A calquer hora,
Por q’os ventetes,
Que a namoran,
Já lle roubaron,
Seu doce aroma.

Mais cando apenas,
Mostra as suas follas,
Está decindo:
—Agora, agora.

Queixumes dos pinos, 1886

Rosalía Fernández, 2º ESO

pondal2