Hoxe achegámonos a unha autora galega que admiramos desde hai tempo, Helena Villar Janeiro. É unha muller moi activa e por iso nos pareceu ben presentala nos distintos campos do seu facer artístico.
Gústannos os haikús de Helena, gústannos as fotografías coas que os acompaña e por iso nos pareceu ben en 1º da ESO comezar lendo algún destes breves poemas que non deixan de ser poesía esencial, profunda, lírica cen por cento.
Os tres paxaros
fan cuarta dimensión
cos rechouchíos.
Para coñecela un pouco mellor imos ver o seguinte mapa mental.
Jorge Fraga e Adrián Rouco de 1ºESO A foron os primeiros en lanzarse á aventura. Estou segura que non vai ser a última vez que estes dous campións colaboren. Grazas aos dou por romper o xeo!
non encontro o q busco:(
Síntoo..Que buscas?