Recitamos a Olalla Cociña. 1 Setembro 2013 por Isabel M. Barcón 0 Na páxina oito do libro amareleaba unha papoula.lembras?colocáchela delicadamente para que un día ao azar esa páxina oito te regresase ao tempo no que as palabras eran en por si incandescentes pensas nas cunetas no misterioso encontro de papoulas, silvas e ortigas anís, dente de león gramíneas,careixóns pan de cobra qué te anoxa así arrincarías de cancelas e peches hortensias, rosas,arcos de enredadeiras tirarías dunha patada os testos dos xeranios es incapaz de minorar o manancial de tinta que circula do pulso aos ollos mais esqueces a feitura das letras a ortografía o que foi atoparte nalgún significado nin diarios nin cartas: para recoñecerte na túa caligrafía que che collan o índice tinguido e cho estampen con forza no papel. Compartir:TwitterFacebookGústame esto:Gústame Cargando... Relacionado