Recitamos a Manuel María.

Manuel María,o poeta da Terra Chá

Manuel María,o poeta da Terra Chá

A lebre

Corre lebre, corre lebre

e fuxe polo teu burato

onde te está agardando

con impaciencia o lebrato.

Corre lebre, lebre corre,

que te segue o cazador

coa súa escopeta cargada

e o seu galgo corredor.

Corre lebre, lebre corre,

corre que te correrás,

que se lle fuxes ao galgo

do cazador librarás.