Recitamos “Veleiquí os homes” de Díaz Castro.

1653753_10201329443670916_696935140_n

Presentación de Díaz Castro.

                       VELEIQUÍ OS HOMES

                            I

AI OS  xonllos doridos a carón deste mundo,

as mans xuntas que axuntan nun intre a ialma toda,

os beizos que agurgullan oracións coma fontes

na noite cecha, copas de sangre que fomega!

¿Qué donda mau alléa esmagóu contra os dentes

da Piniténcia os probes corazóns coma péxagos,

i enfióu pra as estrelas este berro da carne,

a sede que non morre, vella coma os camiños?

Saben os ollos que hai trálo valado un Reino

e que do anxo hastra o grilo brinca o gozo de Deus.

E Deus dá boa fada aos ollos namorados

que chegaron abertos ás portas do mencer.

Vese a Deus relocindo nos ollos dos que esperan

e nas língoas que alampan, tremando coma lapas,

un Pan feito de lúa, perdón e chucha eterna

pra aló das anduriñas i o bafexar dos bois!

Velaiquí os homes

de sonos sementados de estrelas e de virxes,

e de alma como a serra, que se brande e non creba,

i escuros pés romeiros perdidiños nas fragas,

i ollos que non amaron máis lus que a lus de Roma.

As maus que nivelaran campás xa aló nas nubes

ou que enfondiran cruces de loureiro nos trigos,

viran ás veces cómo lles medraba antre os dedos

a doce ferramenta  e volviase espada…

Qué noite a das espadas acesas contra o hirexe,

i os carros dos Neróns trastumbando hastra o ceio.

A noite fomegou de sangre o testimoño,

i o vento iba chorando pra aló do mesmo mar.

                 II

E, cando apalparon a morte,

viron que era unha mau moi donda que mataba

unha lus i acendía outra lus, e, moi ledos,

chegáronse, amodiño, á soleira do Reino,

mesmo que o paporroibo nos días de gran neve

se acurrucha cantando nas portas dos labregos…

Nimbos, 1961 (in F. Fernández del Riego:Antoloxía de poesía galega.Do posmodernismo aos novos, Galaxia, 1980)

Paporroibo

Paporroibo

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s