Recitamos a Díaz Castro: “A cerna”

cerna2

A CERNA

HASE DE amar a cousa hastra que sangre,

O verdadeiro amor enferra en neve,

ara nun mar de rosas suco leve,

ai pro acadulla en sangre.

Tinguéuseche o machado en sangre loura,

Ai cómo, cernador, doi a batalla

coa que ún ama! Qué moura é a sombra moura

do machado na galla!

Despida contra o ceio A Que Non Fala,

a póla firme coma un xuramento,

berra nos dentes do machado e estala

e tordea no vento…

Sobre os cómbaros dondos coma un melro,

sobre as cornas dos bois, sobre o camiño,

cae arroulando un niño…

Eu vinte contra o sol, unha hora tola,

abrazado ao teu toro, derregando

a traxedia de Deus. Dóinos a póla,

pro seguimos cernando!

Hastra que caia a derradeira estrela,

cairá o machado en carne que choramos,

unha vida que amamos.

(Tirado da Antoloxía de poesía galega (Do posmodernismo aos novos) de Francisco Fernández del Riego)

Recitan o Poema Alicia Coello, Jorge Fraga e Raquel dos Santos de 1º ESO C.

This slideshow requires JavaScript.

Recitamos a Álvarez Torneiro: “Territorio crótalo”.

Crótalo

Crótalo

Territorio crótalo

Comemos orden.
Nunca naceremos.
José Ángel Valente

Nas reboticas máis fondas de novembro,

no territorio-crótalo,

á sombra miserable

do menhir e da tinta miserables,

alguén pronuncia os nomes dos chamados

á purificación;

alguén airea os informes,

especifica os feitos,

prepara a liturxia, mide o tempo,

pecha as portas

a un maio azul reconstruído en soños,

a unha marea de cobalto en brasas.

      A orde é a orde.

      ole frío o éter.

      E o gardián das papoulas é un monstro.

 Os ángulos da brasa, Premio Nacional de Poesía 2013

Recitan o poema Ana Fanego e Yuri Fernández de 1º ESO A.

 

Aquí  tedes acceso a algún poema máis do librona páxina de Kalandraka:  Os ángulos da brasa.

 

Álvarez Torneiro

Álvarez Torneiro