Recitamos “Gris” de Manuel Luís Acuña.

gris

Despois de tantos días grises de auga e vento, Daniel Fernández e Jaime Casariego, de 1º ESO B, decidiron facer un conxuro ao mundo da cor e elixiron “Gris” de Manuel Luís Acuña .

 Manuel Luís Acuña (1900-1975) pertence á escola hilozoísta. No seu único libro  Fírgoas  (1933) predomina a poesía hilozoísta, con algúns trazos cubistas.

                           GRIS

   NIN BRANCO nin preto.

Eso.

Sin tremores de ríos

nin badaladas de páxaros.

Sin ritmo de astros

nin estraligos de noite medoñenta.

Sin oubeo de lobos cando o vento galga por cómaros e crebadas.

Sin salaios de arbres

cando asolagan rosas nos remuíños do solpor.

Periférico.

Sin cerne nin miolo.

Chairo.

Sin apertas de curvas nin adeuses de penedías.

Gris.

                                                                  Fírgoas, 1933

Óleo de Braque, cubismo.

Georges Braque, Clarinete e botella de ron na cheminea, 1911. Óleo sobre lenzo, 810 x 600 mm, Tate

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s