Lendo o “Prólogo” de Cantares Gallegos.

Rosalía na biblioteca.

Rosalía na biblioteca.

“Cantos, vagoas, queixas, sospiros, serans, romerias, paisaxes, debesas, pinares, soidades, ribeiras, costumes, tod’ aquelo en fin que pó-la sua forma e colorido e dino de ser cantado, todo ó que tuvo un eco, un-ha voz, un runxido por leve que fosse, que chegase á conmoverme, tod’ esto m’ atrevin á cantar neste homilde libro prá desir un-ha vez siquera, y anque sea torpemente, ôs que sin razon nin conocement’ algun nos despreçan, qu’ a nosa terra é dina d’ alabanzas, e qu’ a nosa lingua non é aquela que bastardean e champurran torpemente nás mais ilustradisimas províncias, c’ un-ha risa de mofa, qu’ á desir verdade (por mais qu’ esta sea dura), demostra á iñorancia mais crasa y á mais imperdoable inxusticia, que pode facer un-ha provincia á outra provincia hirman por probe qu’ esta sea. Mais he aqui qu’ ó mais triste nesta cuestion, é á falsedade con que fora d’ aqui pintan así ôs fillos de Galicia com’ á Galicia mesma, á quen xeneralmente xuzgan ó mais despreciable e feyo d’ España, cando acaso sea ó mais hermoso e dino d’ alabanza.”

Len o fragmento Ana Cerdeira e Claudia Rivera de 1ºESO C.

Len o fragmento Noa Pardo e Gabriela Pita de 1ºESO A.

Galicia é sempre un xardin donde se respiran aromas puros, frescura e poesia… E á pesar d’ esto chega á tanto á fatuidade d’ os iñorantes, á tanto á indina preocupacion que contra á nosa terra existe, qu’ inda os mesmos que poideron contemprar tanta hermosura (xa non falamos d’ os que se bulran de nos sin que xamais nos hayan visto nin ainda de lonxe, que son os mais) inda os que penetraron en Galicia e gozaron d’ as delicias qu’ ofrece, atreveronse á decir que Galicia era… un cortello inmundo!!…

Foy este ó movil principal que m’ impeleu á pubricar este libro, que mais que nadie, conoço que necesita á indulxencia de todos. Sin gramatica, nin regras de ningun-ha clás, ó lector topará moitas veces faltas d’ ortografia, xiros que disoarán ôs oidos d’ un purista, pró ô menos, e prá disculpar en algo estes defectos, puxen o mayor coidado, en reprodusir ó verdadeiro esprito d’ ó noso pobo, e penso qu’ ó conseguin en algo… si ben de un-ha maneira débil e froxa.

Do “Pólogo” de Cantares Gallegos“, 1863

Ilustración de Primitivo Marcos

Ilustración de Primitivo Marcos na nosa biblioteca.

O pase de diapositivas require JavaScript.

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s