Recitando a Pondal, o bardo de Bergantiños. 24 Outubro 2013 por Isabel M. Barcón 0 bardo Recita Jaime Casariego de 1º ESO B. Das africanas praias veciñas, Como costuman, Retornarán, As amabres e doces anduriñas; E polo bardo, Preguntarán. Mais os curutos, En donde os pinos Queixarse sóen, C’o vento soán, Xa sabedores Dos seus destinos, Cal quen teme decir esquiva nova, Nada dirán. Queixumes dos pinos, 1886 Recitan Miguel Domínguez e Manuel Penabad de 1º ESO C. Cando as doces anduriñas, Baixo un aleiro pousadas, Descansan do seu camiño, En busca da ardente Africa; As amantes viaxeiras, Co pico baixo da ala, N’ aquel garrido silencio, En qué pensan?—Na súa pátria. Cand’ eu era estudiante, E ó doce albergue tornaba, Lento cruzando a cabalo, A fea terra de Xallas: Ó atravesar silencioso, As soas é esquivas gandras, As rendas abandonando, Ó impulso das vagas auras, Pol’ agreste soedade, Pensativo camiñaba. En qu’ iba pensando estonces, Decíde, ventos de Xallas: —Sempr’ iba pensando néla, N’ aquela doce rapaza, Q’ era filla de Santiago, Branca, garrida é fidalga. Realiza a nosa enquisa Compartir:TwitterFacebookGústame esto:Gústame Cargando... Relacionado