“O nobre Gundar” e outros fragmentos de Pondal.

Len Iván , Luís e John.

—Nobre Gundar, fillo d’ Ouco,
Fillo de Celt, de Rou fillo;
Ou bardo dos negros ollos,
De nobre andar e garrido
Escudo, de voz gemente,
D’ un acento nunca oído;
O rumor asomellante,
Do vento nos altos pinos:

Teus vagos e doces cantos,
Certo non desconocidos
Me son, e non veces poucas,
Os teño quezáis oído;
Ben no m’ acordo s’ agora,
Ou quezáis en tempo antigo;
Mais cos oídos da alma,
Que cos corpóreos oidos.

Un bardo que tan ben canta,
Non debe temé-l-o olvido;
Ou cantor dos nobres celtas,
Os de corpos ben cumpridos,
Que na terra de Brigándsia,
Pol-a pátria sucumbino!

de Queixumes dos pinos,1886

«Rei dos castros, castro forte,
Garrido castro Nemenzo;
O das uces montesias,
E dos carballos cerqueiros:
O da boa parecenza,
O dos altos parapetos;
Cheos de frores no vran,
E esquivas uces no inverno;
O dos fosos ben compridos.
E ben fondos e ben feitos;
Das rámpras en caracól,
E camiños encubertos;
Doce a vista desde longe,
Castro boó, castro compreto,
¡Ou castro, amigo dos celtas,
Antr’ os castros o primeíro:!

Coma un celta forte e armado,
Desde longe te contempro;
C’ o teu escudo embrazado,
Con que deféndel’ o peito;

 

 

Píllara

A hora en q’ a luz do luceiro,
Sobr’ o cabo loce tímida;
E á negra furna pïando,
Recóllense as breves píllaras;
A hora en q’ o raposo vagamundo,
Sae da sua manida;
E á caza d’ escarabellos,
Vai pol-a ruda marina;

A ‘quela hora en q’ a campana,
D’ humilde porto dorida;
Ó rudo pescador que ven d’ altura,
Fai decir: Ave Maria;

Entonces ó triste bardo,
Que soña antr’ as uces hirtas,
Na gentil arpa apoyado,
En donde o vento suspira;
Entóncel-ó bardo, cal vago fantásma,
Visita a melancolía.

 

Camariña

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s