Novas lecturas de Queixumes dos pinos.

 

Eu sei donde moran,
Eu sei donde están;
As vira de longe,
Seu golfo ó cruzar.

O corpo ostentaban,
De roxo coral,
As testas d’ anácre,
Lostregando están;
Os lábios ardentes d’ espléndido lázuli,
Q’ encanta ó mirar.

Estaban sentadas,
Con gran magestá;
En tronos de pérlas,
Cal reinas do mar.

Miréinas, miránome,
Con mágico afan,
C’ unha forte, pungente mirada,
Color verdemar:
Oh Dios, que decírme
Seus ollos querrán!..

Azucena e Iria:

**********************************************************************

O abrigo de vento círcio,
Sentada ó pé dos valados
Q’ hai nos Casás de Nemiña,
Os cabelos pieitando,
C’ un lindo pieite d’ ouro,
Que deslumbraba ó mirálo;
Cantaba á fada Rouriz,
Cousas do tempo pasado:

[Eran Manoel Leis e Baña,
Barrentos, Lastres é os Paz;
Eran Piñeiro e Leis Busto,
Ruiz, Canosa é Currás;
Arxomil, ó da Redonda,
(Nunca se m’ esquencerán)
Pedro Rodriguez, O campo,
Lourenzo, é Castro Romai;
Francisco de Castiñeira,
Cristobo, morto en agraz;
Mauro Fernandez, Menecho,
Manoel Romero é Pon… al.»]

Esta parte do seu canto,
Ben non se poido escoitar:
(Sopraba ó aire muy recio,
Nos valados dos Casás)
E, cal son de doce corda,
O longe foi espirar.

Noemí:

**********************************************************************

Fada garrida de leves alas,
Que leda voas,
No doce abril;
Rompendo a brétoma,
Con lindas galas,
Desconocida, presta e gentil:

Fada q’ as veces,
No espacio culto,
Dos pátrios agros costumas voar;
E as veces no aire,
Do monte inculto,
Te soes sin trazas evaporar:

Das tuas alas o doce ruido,
E dos teus pasos,
O grato son;
Que n’ o percibe o atento oído,
Mais que só o sente,
O corazon:

Oín mil veces na miña infancia,
Nos pátrios montes,
Da verde Erin;
Sentín tua engebre,
Doce fragáncia,
Cando pasabas por junta min.

Claudia e Saray:

************************************************************************

Das quentes prayas,
E non jocundas,
Cal sempre sóen,
Retornarán,
As leves e graciosas vagamundas,
E poI-o bardo,
Preguntarán.

E en torno ó fórmide,
Vougo e pendente,
Índo e volvendo,
Voltas darán;
E cal quen doces
Suidades sente,
Do instrumento nos formosos cornos,
Se pousarán.

Carmen e Nerea:

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s