Día da Poesía con Rosalía de Castro.

PRIMI Rosalia

Rosalía por Primitivo, 2017

 

N’O CRAUSTRO
Dábanse bico-l-as pombas,
Voaban as anduriñas,
xogaba o vento c’o as herbas
Pobradas de margaridas,
Y as lavandeiras cantaban
Méntra-I-a fonte corria.
Fórons’ indo un-ha trás d’outra,
Y ali se quedou soiña,
C’a triste frente incrinada
Cabe un-ha arcada sombrisa…
Estonces non sey qué sombras
Quizais de memorias vivas,
Quizais d’os frades difuntos,
Pasar en procesion mística
Veu, n’aquelas soledades,
Que amaba canto temia.
Tembrou d’angustia e de pena
E con amarga sorrisa,
Mirando o xasmín sin follas
Qu’iban á brotar axiña

Marmurou mentras d’os ollos
As bagullas lle caian:
«Todo volve, todo torna,
Ménos ó ben qu’eu queria:
Todo, todo aquí se queda
Eu soya vou de fuxida.
Non ey de vervos mais, frores,
Adorno d’esas cornisas,
Nin á oir os teus marmurios
Fonte que a gozar convidas,
Nin á contemprarvos, pedras,
Testigos d’a pena miña;
Outros virán profanarvos,
Mentras eu morro esquencida.»
Sonaron pasos n’as bóvedas,
Soprou un-ha forte brisa,
Oyeuse una-ha carcaxada
Cal si d’o inferno saira:
Era ó trasno d’o convento,
Que recordand’outros dias,
Ríase d’as ansias negras
E d’a orfandá d’a meniña.

vídeoPreme aquí para acceder ao vídeo.

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s