En lembranza de Carlos Oroza.

Oroza

Oroza por Nelson Villalobos para El Mundo

Hoxe enteirámonos polos medios do falecemento do poeta viveirense Carlos Oroza.

Carlos Oroza morreu en Vigo esta noite. Naceu en Viveiro (Lugo) no 1923 e vivíu entre os anos corenta e setenta en Madrid, onde se adicará de xeito exclusivo á poesía, convertíndose nun poeta recoñecido polos seus impactantes  recitais.

Poeta rebelde e heterodoxo, Oroza foi un grande da poesía española, cun estilo propio. É autor de Eléncar (1974), Alicia ( 1985), No norte hai un mar que é máis alto que o ceo (1977) e, sobre todo, Évame, libro recopilatorio de toda a súa poesía.

“Mi vida ha sido un rechazo tras otro. Y una revisión constante de las cosas, empezando por la cultura, tan amenazada de dogmas. La cultura no es algo inmutable, como algunos pretenden. Igual que no lo es el lenguaje. Hay que transformarlo constantemente. Huir de las obviedades. Ese ha sido mi empeño. Ése y darle a la poesía su sonoridad. Porque la poesía es más voz que signo. Es, sobre todo, ritmo. No rima, sino ritmo.”

Tiven oportunidade de velo nun recital poético presentando  Cabalum na Aula de Cultura en Santiago de Compostela. Agora podemos escoitalo recitando grazas ao traballo feito pola Editorial Elvira. Merece a pena escoitalo.

Nos anos sesenta fíxose popular no ambiente literario-poético grazas a recitales que deu por toda a xeografía española. Durante a súa estancia en Madrid por aquela época, un dos seus amigos, o escritor Francisco Umbral, definiuno como “o poeta maldito do Café Xixón“. E desde aquel momento gañou unha fama como gran rapsoda; lograba facer tremer ao público coa súa voz irresistible e a maxia dos seus versos. Sempre defendía que a poesía debía ser interpretada, lonxe do “cárcere” das páxinas de papel.

12291941_10153850293316869_8549718271304985094_o

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s