RECITANDO A PONDAL, I

bardo

Cando no escarpado cabo,
Sae a fror da caramiña,
Ó cazador anunciando,
A leda estacion garrida;
Cando da doce Suévia,
Ás doces prayas amigas,
En nobelo gentil ajuntadas,
Chegan as ligeiras píllaras;
Entonces dó bardo o espírito,
Que soña antr’ as uces hirtas;
No formoso instrumento apoyado,
En donde o vento suspira;
Mentras os fillos dos celtas,
Cumpren serva e innobre vida;
Entonces o espírito invade do bardo,
Escura melancolía.