
Na páxina oito do libro amareleaba
unha papoula.lembras?colocáchela
delicadamente
para que un día ao azar
esa páxina oito
te regresase ao tempo
no que as palabras eran en por si
incandescentes
pensas nas cunetas
no misterioso encontro
de papoulas, silvas e ortigas
anís, dente de león
gramíneas,careixóns
pan de cobra
qué te anoxa así
arrincarías de cancelas e peches
hortensias, rosas,arcos de enredadeiras
tirarías dunha patada
os testos dos xeranios
es incapaz de minorar
o manancial de tinta
que circula do pulso aos ollos
mais esqueces
a feitura das letras
a ortografía
o que foi atoparte
nalgún significado
nin diarios
nin cartas:
para recoñecerte na túa caligrafía
que che collan o índice tinguido
e cho estampen con forza
no papel.
