Cantiga de amigo de Pero Meogo

medieval01

Xograres

-“Digades, filha, mia filha velida,
porque tardastes na fontana fría?”.
-“Os amores ei”.
-“Digades, filha, mia filha louçana,
porque tardastes na fría fontana?”.
-“Os amores ei”.
-“Tardei, mia madre, na fontana fría,
cervos do monte a augua volvían.
Os amores ei.
Tardei, mia madre, na fría fontana,
cervos do monte volvían a augua.
Os amores ei”.
-“Mentís, mia filha, mentís por amigo,
nunca vi cervo que volvess’ o río”.
-“Os amores ei”.
-“Mentís, mia filha, mentís por amado,
nunca vi cervo que volvess’ o alto”.
-“Os amores ei”.