“Choiva” de Miguel González Garcés.

Tanya Mayers

Storm, Tanya Mayers

“Chove”

CHOVE, ESTOU A ANDAR.
Chove por min. Son chuvia.
Unión perfecta. As tempas oprimidas.
Difusa luz, difuso pensamento.
Un sentir vexetal. Fresco ulido a mazá.
a herba, a gris, a terra mol e nova…
Mais estou algo triste, coma ponla amaida
polo peso da chuvia.
Cae a chuvia. Eu ando. As árbores raiolan,
e as augas enguedéllanse, serpean e florecen.
Sou auga, luz, recendo, herba e terra.

Nas faíscas do soño (1972)

Hai cen anos, o 12 de xaneiro de 1916, nacía na Coruña Miguel González Garcés. Como moitos poetas da súa xeración, a de 1936, foi primeiro creador bilingüe, pero a partir de finais dos anos 60 pasaría a producir todos os seus versos en galego. Foi membro correspondente da Real Academia Galega desde 1957, dirixiu a revista Nordés na súa primeira etapa e foi un dos impulsores de Atlántida.
González Garcés desenvolveu tamén un importante labor como articulista, crítico e investigador da historia da Coruña.

Ilustración de Alessandra Fusi

Ilustración de Alessandra Fusi

O home é por sempre unha flor de esperanza.
Quizais o verán xa murchou.
Mais a chuvia de outono
pode erguer as herbiñas cun verde argalleiro.
E as frautas soan.
Pingas de orballo novo
pousan no amor das almas.
E os anxos arrólanse no canto das raiolas
e manseliñamente, bailan, bailan.

Poema tirado de A noite branca, bitácora de Francisco X Fernández Naval.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s